Marzo
que antigamente foi o primeiro mes do ano, segundo o calendario de Numa
Pompilio, por ser o mes en que cobra vida a natureza, tamén dicían os romanos que fora o mes no que
non só naceron os seus fundadores, Rómulo e Remo, senón o mes no que foron xerados,
despois de que Marte e Rea Silvia, filla do rei de Alba Longa, Nimitor, se
xuntaran en amoroso abrazo.
Cando Numitor soubo que a súa filla fora
seducida por tan valente deidade, supuxo que o seu reinado colmaríase de
beneficios, sobre todo tendo en conta que daquela Marte, ademais dun deus protector
da guerra era o deus dos bosques, pero cando o monarca consultou ós augures
para confirmar tal sospeita, estes advertírono, que pola contra, aqueles netos
serían quen o sacasen do trono, polo que os colleu, meteunos nunha cesta e
botounos ó Tiber. Mais, como os augures nunca se enganan, os nenos foron
salvados, como todos sabedes, por unha loba.
Daquela lenda, e doutra como a de Moises, quedounos en Galicia o remedio da cura dos nenos enfermos botando a súa roupa ó río Miño nunha cesta cunha vela acesa.
Daquela lenda, e doutra como a de Moises, quedounos en Galicia o remedio da cura dos nenos enfermos botando a súa roupa ó río Miño nunha cesta cunha vela acesa.
Penso que o escritor Eduardo Moreiras recolle esta tradición dos nenos recollidos no río,no libro de "Primaveira no Lor". Felicitacións polo blog.
ResponderEliminar