Por
Pepe de Rocaforte
Desde as eleccións xerais do pasado
20 de decembro, e xa desde antes, estamos asistindo a unha tal sobresaturación
de noticias políticas de todo tipo, polo menos nos medios en que eu me movo,
que parecen non querer permitirnos permanecer neutrais ante tan diversas e
diverxentes informacións.
Non era a miña intención tratar aquí
estes temas, pero ó cabo a situación paréceme tan preocupante que me leva a
facer algunhas consideracións sobre o asunto. Vexo nestes días, por exemplo, as
enquisas publicadas pola prensa e, como a moitos, éntrame a sospeita sobre como
e con que propósitos de manipulación da opinión pública se “cociñan” determinadas
sondaxes sobre intención de voto vistas en diversos medios de información.
Observamos esta sondaxe
e comparámola con esta outra
ambas cunha intención
claramente perceptible.
Miramos
logo outras enquisas anteriores ó 20 de decembro, e acabamos convencidos de que
o inimigo a aniquilar (non a abater) é Podemos, partido inadmisible para as
empresas do Ibex-35.
e a indignación que
nos fai sentir tal falsidade só pode ser igualada por esta outra descarada
manipulación feita por “13 televisión”
¿Necesítase
algo máis? Pois si, hai máis. Agora aquí en Galicia un medio de comunicación
que na época de goberno do bipartito na Xunta nos asombrara coas palabras do
seu presidente (“Quiero la cabeza del Enfermero”), acaba sorprendentemente de
tomar partido polo Bloque, porque o Bloque xa non é inimigo temible, senón as
Mareas, e polo tanto aproveitamos para botar lixo sobre o ex-vicepresidenteAnxo Quintana
E xa
está ben. Pido desculpas por contribuír á sobresaturación de informacións
políticas que padecemos nesta temporada. Perdón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario