domingo, 6 de marzo de 2016

As Matronais de marzo.




Unha das grandes celebracións que os romanos facían nestes primeiros días de marzo eran as Matronais, en honor de Xuno Lucinda como deusa protectora dos partos, durante a que se festexaba tanto o nacemento de Rómulo e Remo, como o día no que as mulleres sabinas interveñen como mediadoras entre seus pais e os romanos, co fin de acadar un punto de concordia para que Roma puidese ter descendentes.
O día que tal acadaron, os sabinos tomaron ós rapaces nacidos do enlace das súas fillas cos romanos portándoos sobre os seus escudos en sinal de protección, e as mulleres, coroadas con grilandas de flores acudiron ó templo da deusa a ofrecerllas e a pedirlle pola prosperidade dos matrimonios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario