Xa cara finais de abril, cando o trigo está
en flor ou a punto de amosar os primeiros froitos, lembraban os romanos a Robigo,
unha divindade que provocaba as enfermidades nos campos de cereais, co fin de
combater pragas tan daniñas como é o tizón, ó que aínda nalgúns lugares chaman
o Robigo, tal vez como lembranza daquela celebración romana ou como método de
desprestixio que a nova relixión usou contra os deuses precristiáns. E unha
maneira de combater esa praga era soltando raposos ós que se lles poñían fachas
acesas nos rabos. Unhas veces soltados como remedio profiláctico e outras como
rito preventivo.
O ritual remataba co sacrificio dun can que
había de ser de tons amarelos, como o trigo, e unha ovella, ós que se lles
sacaban as vísceras para queimar nun altar en honor de Robigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario