Nestes días, cando nos montes vemos ós novos tenreiros
nacidos nesta primavera, era cando os romanos celebraban as Fornicides (que algúns autores tamén chaman Fornides), unhas
festas nas que inmolaban unhas vacas á terra, un rito que viña desde os
primeiros tempos da fundación de Roma, contra a esterilidade dos campos e dos
animais.
Segundo parece, foi o mesmo Numa, sucesor de
Rómulo, quen nun momento de crise no seu reino, vendo que nin a terra daba
froito nin os animais crías, soñou que só podía remediar un problema
sacrificando o outro, e decidiu matar vacas que, en certo xeito, servían de abono.
E ese costume perpetuouse nas festas de Abril chamadas as Fornicides.
Ningún comentario:
Publicar un comentario