A este santo, natural de Verona, protector da
orde dos dominicos e que oficiaba de inquisidor, tendéronlle unha trampa para
asasinalo.
Entrara este freire na orde dos predicadores
despois de estudiar en Bolonia e de que santo Domingo de Guzmán apreciara nel
as dotes de bo predicador e grande coñecedor da Biblia.
Tal era a súa fama de home entendido en
cousas sagradas, e dureza contra as herexías que por aquel entón aparecían no
norte de Italia, que o Papa nomeouno inquisidor de Lombardía no ano 1251, pero
non lle durou moito o cargo, porque o seis de abril de 1252, un sábado de
pascua, cando volvía ó seu convento, nun bosque preto de Séveso, saíulle ó
camiño un tipo que, instigado polo bispo Guissano e varios nobres milaneses, de
tendencia cátara, asestoulle un golpe de machete na cabeza de deixouno morto.
Hoxe este santo é protector dos fabricantes
de cervexa, dos zapateiros e dos vendedores de tecidos, e invocado contra os
males da cabeza, os desequilibrios psíquicos, o mal do aire e o mal de ollo así
como contra o meigallo.
En Ribadavia os devotos imploran a súa
protección pasando por debaixo da andas do santo, e en Belvís (Compostela) véndense allos benditos e escritos con
oracións, que cobran máis poder se se tocan con eles a imaxe do santo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario