Din que era tan mala persoa, que sabendo dun
barco con peregrinos a Terra Santa, embarcou con eles co fin de exerce a
prostitución. Mais unha vez en Xerusalén, quixo entrar coma todos nunha igrexa,
e entón unha man detívoa impedíndolle pasar, e un voz advertiuna de que debía
arrepentirse antes de entrar en lugar sagrado. E tal foi a vergoña que pasou,
que se retirou ó deserto a penar os pecados, levando tan só a roupa posta e
tres pans, e cando xa moi vella morreu, tras recibir a comuñón de mans de san
Zosimo, os tres pans aínda estaban enteiros.
É moi posible que co culto a esta santa que
se representa como unha vella espida que porta unha caveira o cristianismo
tratou de erradicar o culto a Anna Perenna, quen de moza ousada e atrevida
acabou sendo unha vella a quen
festexaban de maneira bastante licenciosa, e á conta de quen se contaban moitos
chistes verdes entre a mocidade romana nos Idus de marzo, con romaría, durante
a que se facían uns pans que se repartían e se dicían que eran para socorrer a
fame dos plebeos que pelexaban contra os patricios, dado que segundo a lenda
asociada a este personaxe durante unha revolta plebeia a estes acabóuselles o
pan, e entón unha anciá chamada Anna, facía uns pasteis que lles levaba cada mañá
Ningún comentario:
Publicar un comentario