luns, 18 de abril de 2016

O OKUPA TORNA AO KORRUNTXO... POR UNS MINUTIÑOS.



Despóis de percorrer durante 7 meses 7 países de 7 continentes (alghún dia explicarei o porqué destes 7 continentes), chegho ao korruntxo, con 7 kilos menos, ao meu korruntxo de 7 metros cadrados, previa pasaxe polos 7 chansos que a el condusen, e que me atopo?

Pois nada menos que 7 luminarias que encandilan, sintilean, enseghesen, obnubilan e anonadan: e cando eu cría que estarían aí para dar lús e taquígrafos para os meus 7 pecados capitais, mesmo aghora que a miña idade comensa por 7...

Hete aquí que non son máis que os faraldos dunha boa nova que se expandeu por todo este edifisio de 77 metros cadrados e non sei cantos ferrados...

A nosa compañeira poeta foi a que trouxo consigho a lámpada de Aladino co aseite milaghreiro e a chama de 7 lóstreghos, que outramente nos está a convidar a nos bañar na sua lús.

Malo será que algho desa lús de belesa non se nos peghe á ialma e nos purifique, Púri!

Ningún comentario:

Publicar un comentario