Por
Pepe de Rocaforte
A voltas con todo esto da
fotografía, aínda a risco de me facer pesado, vou seguir un pouco máis co tema.
Hai uns anos, nunha visita á Comunidade Indíxena de Chamula, no estado de
Chiapas, México, fomos moi ben advertidos para non facer fotos, porque
corriamos o risco de ser multados, encarcerados, ou despoxados da cámara
fotográfica. Era un día de feira na localidade e o guía que nos acompañaba,
despois da advertencia anterior, díxonos que, en todo caso, se queriamos tirar
algún retrato debiamos simular facerllo a un acompañante e enfocar o resto así
como de medio lado.
Expliqueille
humildemente á autoridade que fixera a foto diante da igrexa para conservar un
recordo da visita. O tío tragou e deixounos ir. Peor sorte tería un compañeiro
madrileño, cunha cámara de carrete, quen ante a imposibilidade de mostrar as
fotos feitas, foi levado ó cuartel da policía, onde lle impuxeron unha multa de
trescentos pesos a pagar no momento e, por riba, incautáronlle o carrete. E
aínda menos mal, porque vexan vostedes como as gastan en Chamula. Ó parecer os tzotziles sonlle así.
E
cortando co rollo fotográfico únome tamén ás felicitacións á nosa compañeira de
páxina. ¡Noraboa, Puri!
Ningún comentario:
Publicar un comentario