Todas as sociedades teñen a súa
forma de control social. Nos grupos pequenos, as disputas adoitan resolverse a
nivel interpersoal . Ante conflictos graves, todo o grupo pode actuar
conxuntamente de cara a castigar mediante o ridículo ou o ostracismo pero, normalmente,
nestas sociedades pequenas, o obxectivo é manter a orde social, máis que
represaliar ao infractor. Pola contra, en sociedades-estado ademais de normas
sociais, hai leis; os roles de quen terá que xestionar os conflitos están
especializados, prodúcense xuízos con tribunais formais e o propio poder impón
as formas de castigo, como a prisión ou mesmo a morte.
Cando os estados son autoritarios, a
forma de goberno enfatiza a autoridade do estado. Trátase dun comportamento
político no que unha persoa ou unha institución, probablemente electa, como un
goberno democrático, ten total liberdade para exercer a súa propia autoridade.
Este sistema é, polo tanto, compatible con unha “democracia política”: un
estado de dereito con división de poderes, sufraxio universal ou sistemas de
control ao goberno. O concepto “democracia política” engade un matiz á palabra
“democracia” para sinalar que non todo o que aconteza nun goberno demócrata na
forma vai ser democrático no fondo. Contraponse, así, a unha “democracia
social”, que implica a participación de todos os actores da sociedade na toma
de decisións políticas.
Nelson Mandela referiuse a este
concepto dicindo que non vale de nada ter eleccións e un parlamento se os
dereitos das persoas non se respectan. O seu caso representa ben como o estado
ten o poder de lexitimarse a si mesmo independentemente de en qué consistan as
súas accións e, ao mesmo tempo, deslexitimar a quen actúe en contra pois, por
inxustas que sexan as leis dun estado, estas van ser a legalidade por dereito
propio. Mandela, que foi galardoado co Premio Nóbel da Paz no ano 1993,
defendeu a resistencia armada nos anos cincuenta, aínda que as leis que
regulaban o Apartheid fosen democráticas. A mesma persoa, coa mesma ideoloxía
pero en réximes políticos diferentes, foi terrorista ou Premio Nóbel da Paz,
prisioneiro e presidente da República Sudafricana. Porque o legal e o ilegal é
unha construción definida por un poder lexislativo que cambia no tempo, e cando
a legalidade impide a democracia a sociedade civil só ten a opción de crear
normas sociais coas que cambiar o status quo e acceder a ese poder que decide
qué vai ser legal ou ilegal nos próximos anos.
Adelaida
Vidal
Ningún comentario:
Publicar un comentario