Por
Pepe de Rocaforte
Pero
basta que o teña dito para me viren meter nun apuro coa petición de
que lle faga a un visitante estranxeiro unha relación de cales son ó
meu xuicio as tres cousas máis dignas de ser visitadas en España.
E o
apuro non é só por ter que me contradicir a min mesmo, senón
porque me sentín cheo de dúbidas a hora de escoller ou desbotar
varias posibles recomendacións. Ó final, e non sen un pouco de boa
mala intención, elixín tres, como me pedían, e despois de facelo
púxen-me a pensar no curioso da miña elección.
Debo
confesar que entre as miñas moitas carencias, unha das máis
evidentes é a do sentimento relixioso. É dicir: a falta del. Pois
ben, dúas desas tres propostas teñen moito que ver coa relixión, a
católica neste caso, e vounas expoñer á consideración de
vostedes. Se non están de acordo non as teñan en conta. Parécenme
totalmente lóxicas as discrepancias.
Despois
deste preámbulo, poño mans á obra. Unha das miñas tres propostas
é a de asistir á representacióndo Misterio de Elche.
Velaí a miña maldade: esta representación faise todos os anos os
días 14 e 15 de agosto, e ben saben vostedes a calor que é preciso
soportar nese mes na zona levantina da Península. Pero, señores,
asegúrolles que se trata dun espectáculo incrible, inesquecible. E
non se fíen do vídeo que deixo anotado por non ter visto outro
mellor. Pero aínda que o haxa, non pode chegar nin a pálido
reflexo do que é o Misteri visto alí mesmo, na igrexa de Santa
María de Elche. Eu asistín unha vez á súa representación e cando
o recordo non podo conter a emoción e as bágoas que me mollan os
ollos coa lembranza daquela experiencia.
Tamén
coa súa orixe relixiosa, hoxe un tanto difuminada, recomendei facer
o Camiño de Santiago, a pé naturalmente, pero non por tramos dun
par de días á semana, senón todo seguido, polo menos desde
Roncesvalles. Eu inicieino en Saint-Jean-Pied-de-Port, e paréceme o
mellor comezo, sobre todo facendo esa primeira etapa ata Roncesvalles
pola ruta de Napoleón. A ascensión ós Pirineos por esa parte
francesa é tamén inesquecible, e o mellor preám-bulo para iniciar
un periplo que durante máis ou menos un mes te vai manter en
suspensión fóra do mundo no medio do mundo.
Xa
dentro do canon común, a miña terceira recomendación foi para a
Alhambra de Granada. ¿Que lles parece a vostedes a oferta?
Ningún comentario:
Publicar un comentario