Por Pepe de Rocaforte
Desde o día vinte de decembro e ata o vinte deste mes, con motivo da celebración do bienio galdosiano, pódese descargar na rede en formatos EPUB e MOBI, unha edición gratuíta, cuxa publicación está patrocinada polo concello de Las Palmas de Gran Canaria, do libro “Cartas de amor clandestino (y pública amistad)”, no que se contén a correspondencia enviada por Emilia Pardo Bazán a Benito Pérez Galdós.
Eu xa o descarguei e xa lle botei unha ollada ás reproducións dos orixinais das cartas e a súa transcrición, feita por Ana Isabel Mendoza, así como á interesante nota previa de Carlos Álvarez, o editor, onde encontrei a información, para min descoñecida ata hoxe, de que Germán Gullón contou ter “noticia fidedigna” de que Carmen Polo, nunha “visita de inspección” ó pazo de Meirás en 1938, pouco antes de que lle fose “regalado” ó ditador polo concello dA Coruña, mandara queimar toda a correspondencia da Pardo Bazán.
Ó lume purificador foron entregadas non só as cartas enviadas por Pérez Galdós, senón tamén as de Menéndez Pelayo, Lázaro Galdiano, Blasco Ibáñez, Giner de los Ríos e Leopoldo Alas “Clarín”, entre outros, segundo refire Eva Acosta, autora de “La luz en la batalla”, biografía de Emilia Pardo Bazán publicada por Lumen en 2007.
A respecto desto pensei en principio que a muller de Franco, despois de lle dar un repaso ás cartas de Galdós, nas cales posiblemente habería comentarios máis ou menos sicalípticos sobre as súas relacións coa condesa, decidira impedir que semellantes porcalladas puidesen chegar a mans de criaturas inocentes que se visen afectadas polo previsible relato das perversións eróticas daquela impúdica parella de adúlteros.
Pero logo, tendo en conta que tamén foran condenadas ó lume as cartas de Giner de los Ríos e outros señores pouco sospeitosos nese aspecto, supuxen que máis ben, nada máis atopar aquel paquete de correspondencia, o que movera á nova señora de Meirás a levar a cabo a súa redentora función incendiaria, seguramente sen sequera poñer a vista máis alá da primeira liña de ningunha das misivas, fora a intención de preservar a inviolabilidade de algo tan sagrado como a correspondencia privada das persoas, e nese caso mesmo poderiamos considerar laudable a súa decisión.
¿Cal destas posibilidades (ou en todo caso cal outra) supoñen vostedes que puido ser o verdadeiro motivo da determinación pirómana tomada pola esposa do ditador?

Ningún comentario:
Publicar un comentario