Un dos amigos con quen
comparto parladoiro chegou este xoves todo compunxido. Foi facer
unhas análises rutineiras e saíulle o indicativo da próstata no
límite. Andou toda a semana buscando en Internet e témolo coa
moral polo chan, convencido de que o máis leve que lle agarda é a
amputación das súas partas virís. E como hai uns días nos tocou
falar do placebo, Xulio aproveitou para profundar no seu antónimo
por natureza: o efecto antipalacebo, pois se o outro é un absurdo da
menciña, a pesar do moito alivio que pode aportar, estoutro ademais
de absurdo é nocivo. Aquel é inocuo e estoutro pernicioso.
Tan malvado coma esas páxinas que todo o saben, nada solucionan e nos poñen de mal xorne, é un curandeiro irresponsable e digno de ser denunciado, de quen nos falou outro dos amigos do parladoiro, quen acaba de pasar por un proceso canceríxeno e procurou naquel algo de alivio. O tipo recibiuno na súa “consulta” expoñendo un amplo currículo de curacións milagrosas baseadas nunha simple dieta que calquera con dous dedos de fronte recoñece inadecuada, e alardeando de ter sacado do pozo da amargura a moitos doentes a quen os médicos desafiuzaran. Presume este de terse levantado el mesmo da mesa de operacións por inspiración, non sei se divina ou endemoñada, e curou todos os seus males sen pastillas nin bisturí, só cunha alimentación exclusiva a base de froita da súa horta, porque segundo el é a fonte de toda a enerxía da vida; asegurando, con asombrosa prepotencia, que os médicos aínda teñen moito que aprender e esas cousas que el sabe tampouco se ensinan nas facultades. Logo, tras contarlle todos eses fantásticos prodixios e explicarlle os principios básicos da súa “Ciencia”, mandoulle sacar a lingua, palpoulle a cicatriz, miroulle o branco dos ollos e concluíu que a cousa non pintaba ben se seguía co tratamento prescrito polo oncólogo.
Non hai cousa máis perigosa ca outorgarse títulos que non se teñen.

Claro está que o meu amigo
non seguiu tan arriscados consellos, pero na sala de espera do
paisano quedaban tres ou catro parellas agardando a súa vez para
curar o que non cura a medicina; porque a inquietude, o desalento ou
a falta de perspectivas diante de grandes e graves problemas abócanos
a afrontar todo tipo de riscos e é dos desesperados e desafiuzados
de quen se aproveitan estes malfeitores.
O antiplacebo, ó contrario co
placebo, ten como única virtude a de crear enfermidades, unha veces
por fiarse de quen non debemos e outras por imaxinarnos o que non
temos. Pero que tire a primeira pedra quen non usou da consulta vía
Internet ou non foi a un curandeiro para evitar a lista de espera.
Entrar en calquera buscador e
pulsar un síntoma para que nos saia un tipo recomendando unha
limpeza de vías renais a base de espárragos, é moito máis común
do que se pensa. Tamén, ben certo é que os leigos na terminoloxía
médica podemos confundir unha resaca cun tumor cerebral e pedir unha
trepanación cando todo se solucionaría cun café negro. Á fin nada
disto é novo nin culpa de Internet, pois trinta anos atrás, cando
aínda ninguén soñaba coas consultas gratuítas vía informática
sen certificación de boa praxe, en todos os fogares tiñamos o libro
“O médico en casa”, por medio do cal cada consulta acababa por
contaxiarche máis doenzas das que pensabas, e entón si que estabas
mal e necesitabas ir ó médico, pero ó médico de verdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario