venres, 3 de outubro de 2014

O KORRUNTXO DO OKUPA

Este dia cavilaba –con iso de non ter que faser bolillos para paghar alugher, moito tempo me resta para cavilar! Pois cavilaba nas cousas do xénero que están tan presentes no presente.
Aí tendes, por exemplo, as abreviaturas nalghúns formularios que me fan dubidar: sexo, perghúntanche, e hai dous cadradiños: H e M e nun seghundo vacilo co M, se é M de masculino ou M de muller; logho, por comparasión co H, acabo por me aclarar…
Outras veses ves M e F, aí si que cadran masculino e macho con feminino e femia, fora a ialma! Ora, por aquí femia non será fino, pero tamén non é insultante que eu saiba, como si acontese noutros lughares: cando vivín en Ecuador (non no ecuador), alí hembra era a muller de mala vida que din, ou, mesmo, a amante ou mantida… cousa que por aquí non rexe, inda que ighual queda algho ghroseiro poñer no mesmo plano varón e femia. Porque varón non afea… a non ser que o confundan co barón, esa mariconada de título.
Para compensar, está iso, tan cursi, de dama e cabaleiro, que se dá maiormente na linguaxe comersial dos tesidos ou textiles… realmente medieval, nonsí? Eu sempre digho, cabaleiro non son nin fun nin serei, dado que acabalo nunca montei, monto nin, polas trasas, montarei. E dama… vaites, vaites!
 Nós temos esoutra cursilada de miñas donas, meus señores, só por nos diferensiar do castellano, por non disirmos señoras, como se á virxe María non se lle dixese Nosa Señora e non Nosa Dona… deixade para os franchutes iso de Notre Dame… que a min me parés unha frivolidade absolutamente ghala, pois a poñen á altura de calquera favorita.
Logho aquí dise, cada dia menos, machiño! (seghuro que remedando o macho! madrileño), pero non se dí femiíña! Nimiedades do falar, diredes, mais é sabido que nada é inosente, non hai palabras con un significado único…
Seghíndoa: tamén a muller di meu home, cousa que lembra aquela famosa cansión machista (mostra inighualable do machismo das mulleres) C’est mon homme!, que Rosalia adiantara, por boca do pobo, con aquilo de San Antonio bendito/Dádeme un home/Anque me mate/Anque me esfole! Aí tedes cómo iso en castellano, mi hombre, sería algho forte.
Por aquí imos dar ao do machismo e o feminismo, palabras que, miñas pobres, tamén elas requiren unha continua aclarasión… poisque poucos consetos hai con tantas aristas e dando lughar a tantos malentendidos… pero que non é do caso tratarmos hoxe.
Por iso esas denominasións mutuas de parella son ben paveras. Elas din meu marido e eles miña muller (aghora tamén chámanlle marido a ambos os dous componentes das parellas masculinas, supoño que tamén se chamarán miña muller entre duas casadas).
Logho está o termo miña señora –antighamente minha senhor- que carese da correspondensia meu señor, porque meu señor aplícase para unha relasión propiamente xerárquica, semellante a aquilo dos encabesamentos das cartas muy señor mío…
Iso si, vedeaí o de esposo e esposa, moi demodé, pero que sería o máis equitativo ou equilibrado.

E todo isto parido por alghén que ven de se separar… da sua senhor!

Ningún comentario:

Publicar un comentario