Por
Pepe de Rocaforte
Hoxe
vou referir unha breve escena da que fun testemuña non hai moito tempo, neste
verao pasado. O caso sucedía nunha librería dedicada á venda de libros de
ocasión na rúa coruñesa do Rego de Auga.
Aquí
remata a historia. Agora a calquera, ou a min polo menos, se lle poden
presentar varias interrogantes: ¿Por qué non hai tanta incultura? ¿Porque nunha
tenda teñen expostos libros en galego?
¿Porque teñen exposto un libro escrito
polo pai da mociña? ¿Quen pensa que na Coruña hai incultura (sexa moita ou
pouca; para eso seríanos necesario o dictame dun barómetro ou medidor
incultural)? ¿É a mociña quen o pensa? ¿É o seu pai? ¿Ou trátase da opinión
dominante no seu ámbito familiar? ¿Ou é a opinión xeralizada no resto de
Galicia, país do que semella querérsenos excluír por parte dalgunhas elites
auto-consideradas únicas posuidoras das esencias do galeguismo?
Por
se alguén ten interese en responder, ou en aportar novas preguntas, deixo
aquí o tema exposto á vosa
consideración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario