DAS LAGOAS I
Por Andrés Terra
Das
Lagoas vese o mar,
O mar
alto, o mar maior,
O mar
que bate no Orzán,
Berbiriana
e Riazor.
Das Lagoas vese o mar
Ata onde a vista morre
Vese o mar desde o altor…
¡Xa non se dá visto a Torre!
Quen me
dera das Lagoas
Ver a
cidade anovada:
Limpa,
leda, xusta e libre,
Unha
nao no mar ceibada.
(1983)
Ningún comentario:
Publicar un comentario