Pensar que un é o último de sete fillos varóns e nunca por lobisome me
tiven… nin me tiveron, nin sequera son sonámbulo, co cual xa me diredes onde
vai aquela singhularidade que aos
lobisomes lles atribúen, inda que sexa para mal… Isto de levar a sona, como o
rio Miño… Ou a outra suposta chata de naser baixo a influensia de escorpio…
vaites, trátannos como a retortos e malaxente.
Claro que outro tanto lles acontese, noutra estrema, aos fillos únicos,
eses si que pasan por xentes egoístas, meus coitados… como se non tivesen
abondo con se criaren soíños e qué culpa eles terán… Ora, que visto cómo se
levan sertos irmáns, maiormente á hora de repartir a herensia –que non é o noso
caso, pois maldito o que nos deixaron os nosos pais-, case é mellor non telos.
Que tamén évos o que mesmamente lles susede a alghúns pais vellos cos
fillos, que máis lles valera non telos tido ou produsido.
É como aquel que se cria sin pai: home, se é por morte, non vos é para
envexar, pero, se é por mor de borracheira e paus, mellor lonxe que perto, ou
non? Ighualiño que os matrimonios que se levan mal, máis lles valerá separarse
e non dar mal exemplo aos fillos con pelexas e maltratos decotío.
Aquilo das herensias ou heransas moito mundiño move e remove. Se non se
herdase ou se herdase unha parte, a estritamente nesesaria ou xusta –quén o
mediría?- cánta liorta se evitaría e cántos avogados ficarían no paro…
É como o dos títulos nobiliarios. Se alghún dia (alghún dia medieval,
quero disir) tiveron rasón de ser, para premiaren unha determinada heroisidade,
o que nunca debéu ser é seren hereditarios; ighual conto aplicarse debería ás
monarquías que, por iso alghúns pobos –concretamente na Alemaña- as
consideraban electivas e como tal prosedían… éravos un sistema coma o papal,
demosghrasiasadiós, que non é o mesmo que democrasias, adiós!
Voltando aos fillos únicos, o mal non está neles senón nos pais como os
eduquen, pois na man destes está, para empesar, conseghirlles amighos que
faghan as veses dos irmáns faltantes.
E os solteiros e solteiras? –falo dos solteiros sen parella ou solteiros
puros, que os outros nin son solteiros nin nada que se lle paresa-… pois son
unha espesie de fillos únicos que se tornan únicos eles mesmos, maismente cando
os outros irmáns están emparellados. O colmo é o do fillo único e porriba
solteiro! Ollo con el, a este si que lle
hai que dar de comer aparte.
Boeno… tomar estas elucubrasións superfisiáis, superfluas e
supercalifragilísticas como o que son: as paridas algho amarghas dun lobisome
frustrado, non vaiades pensar mal, ho!
Por serto, a todo isto e a propósito, e sen que veña a conto: tanto que
acusan aos outros de populistas… para populistas os do PP, que tan “populares”
se cren!
Ningún comentario:
Publicar un comentario