Eu que pasei por todos os niveis sosiais –aghás os de rico, moi rico,
riquísimo, millonario e multimillonario-, lémbrome, e non me canso de me
lembrare daqueles poucos anos que cos meus tamén poucos anos e moitos irmáns,
viviamos e morabamos nun conventillo porteño, deste xeito que vos conto: todos
nove (dous pais, quero disir, pai e nai, non como por veses acontese aghora!, e
sete fillos varóns) nun cuarto… si, o cuarto dun enteiro, enteiro que, a non
dubidalo, sería ben máis desafoghado… que daí ha vir o de chamarlle cuarto ao
que outros chaman habitasión, que tamén disto se deduse que para vivir: unha
habitasión e para malvivir: un cuarto de habitasión…
O tal cuarto tiña todo o nesesario: mesa con tallos e cosiña, a leña ou
carbón, non me acorda ben… e máis tres colchóns (nin pensar en
camas-liteiras!), un para os que lle chaman proxenitores e dous para os que non
lles chaman, pero lles chamo eu proxenitados, así repartidos: os tres ghrandes
nun e os catro cativos noutro, malrraio!, que con tanto rose saíron dous deles
como saíron… e ollade que digho sairon
e non saimos… pero bueno, cada quen
que viva e folghe como queira, que diaño!
As dusias de cuartos amoreábanse en torno a un enorme patio (se cadra
paresíame a min, que era cativo, ghrande sin que o fose), patio común, como
común para toda a visiñansa éranvos o escusado, que escuso describilo, e o
lavadoiro alí existentes. O tal lavadoiro, que máis paresía bebedoiro de
bestas, tiña a secsión de lavárense os cristiáns e mail-as cristiás (aquilo era
de ver) e lavaren a roupa, e a outra repartisión era para lavar os cacharros
domésticos… servisios comúns, que máis que comúns eran causa de liortas cotiás
contra aqueles que non acababan de velos como tales sinon como propios seus.
Ducha? perghuntaredes: fasedes cada perghunta! Así andábamos nós, que a
maioria éramosvos coma os ghatos para a augha, ou sexa que nin para dentro do
corpo (que para iso está o viño) nin para fora, que desghasta moito… ao tempo
que a cotra conserva e abrigha que nindiós. Ecoloxistas a tope, para eses
mesteres botábamos man do rio, boeno, un reghato que por alí pasaba como quen
non quer, e que era coñesido pola Cañada (portughés canada, que os inghleses
adoptaron talcual e os franseses, tan seus, deron en pronunsiar aghudo: Canadá,
pero que eles escriben sin asento… mala sentella os coma! revirados que son:
non me faghades moito caso, por eso, que, á primeira de cambio, me pode o ramalaso eurudito).
Pois con todo iso, sincuenta anos despóis e en Europa, e isto non é unha
crítica, só unha evidensia: un okupa como este que o é… comparando… si que teño
un cuarto para mín só (ata aghora imos ben), pero patio nanai, claro que hai
escusado con ducha (ghrande avanse, abofé), pero bótase de menos o patio, xusto
embaixo do seo ou firmamento; aquí ghrasias termos un pasillo (no que
tropesamos uns cos outros des de cada dose), e, tamén é serto, a rua que é toda
nosa, fora os coches.
Falando como os tolos: é o que disía estoutro dia un político
esquerdeiro (como se fose o demo): Esta tradisión eleitoral debémoslla aos
monxes medievais –para que logho dighan do escuro Medioevo-, que elixían o
abade por maioría simple –tal como os cardeais ao papa, non? E seghía o homiño
este: A fábula da democrasia ateniense, con seis veses máis escravos que
sidadáns con dereito a voto… a esta altura évos impresentéibol! Así que, como
din por Estremodura (sic): Condió!
Ningún comentario:
Publicar un comentario