Ademais
de darlle nome a unha das feiras máis importantes de Galicia, as de Mondoñedo,
o evanxelista Lucas, que se representa coa figura dun touro, entre outras
razóns porque un touro ou un cuxo era o sacrificio que os xentiles ofrecían ós
deuses, e precisamente ós xentís estaba dedicado o seu evanxeo.
Lucas, que foi testemuña do
martirio de Pedro e Paulo, era médico de profesión, pero abandonou a consulta
para acollerse á doutrina de Cristo despois de escoitar a Paulo, a quen
acompañou en varias viaxes.
Tamén era este evanxelista un
destro debuxante e pintor, e precisamente a el atribúeselle o primeiro retrato
da Virxe María, de quen chegou a pintar sete cadros, quen mentres el a pintaba
contáballe moitas das cousas que se narran no seu evanxeo.
Non
está claro como morreu, aínda que circula a crenza de que foi aforcado dunha
oliveira. Como queira que sexa o seu corpo, tras ser enterrado en Patrás, foi
recollido no 357 da nosa era para ser levado á Constantinopla de Constantino, e
logo, andando o tempo trasladárono a Pavía e finalmente a Roma, onde se di que
repousa
El é o patrón e protector de
notarios, pintores e artistas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario