sábado, 4 de outubro de 2014

San Francisco de Asís, o rescatador de almas

 
          Unha das advocacións que a orde franciscana estendeu foi a da posibilidade de que todo aquel que se aproximase á mensaxe de san Francisco, e sobre todo aqueles legos pertencentes á Orde terceira, os que sen ser relixiosos de oficio, enténdase monxes ou freiras, se acollesen á súa disciplina, pasarían menos tempo no purgatorio.

            Pero aínda a maiores, por se a alma non pertenceu á Orde franciscana, o santo de Asís, sempre pendente de quen solicite a súa axuda, aí o está para botarlle un cabo, para rescatar ós finados das chamas do purgatorio co cordón do seu propio hábito. E así o vemos en multitude de petos de ánimas e retábulos de igrexa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario