mércores, 8 de xullo de 2015

Feixoo, e as seis cabezas morunas




Hai quen asegura que o primeiro Feixoo  era un cabaleiro chamado Xiraldo, de orixe goda que, aló polo século X fundou unha vila co seu apelido en Tras-os-montes. Como queira que sexa, a lenda do seu escudo nobiliario conta que cando Almanzor chegou a Compostela e arrebatou as campás e as portas da catedral, non había na terra persoa que ousase enfrontárselle, polo que sempre atacaban pola retagarda, ata que os nobres reunidos para escarmentar a aquel invasor, decidiron facerlle fronte e demostrar que os galegos non lle tiñan medo, e o rei que por alí andaba soltou unha arrota do estilo que xa algunha vez vimos nesta sección de lendas nobiliarias, e foi que diante dun prato de feixóns, ofreceulle terras e dominios a quen lle trouxese tantas cabezas mouras como feixóns comese, e foi este paisano descendente daquel Xiraldo, que non debía ter por costume tomar ceas moi pesadas, quen ó día seguinte traía as seis cabezas que como seis roelas se amosan no seu escudo xunto coa espada que as decapitou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario