xoves, 2 de xullo de 2015

Unha pedra da fartura nun hórreo da Pontenova.




A fartura hai que invocala porque doutro xeito fuxe de nós, e aquí, neste hórreo da Pontenova, atopamos este seixo no cume do tellado, onde en outros hórreos poñen un pináculo, unha figura xeométrica ou incluso a representación dunha cabeza humana. Pero neste caso, o que vemos é un simple seixo branco, con toda a carga simbólica que lle sabemos, a dureza e permanencia inalterada a través do tempo e a cor da pureza.

      Unha pedra que, igual ca aquelas que vimos nunha casa da Fonsagrada, nalgún castro, nun pombal de Friol ou mesmo nalgúns fornos, invocan a fartura, que non falte o pan ou as aves ou a saúde. É pois, esta pedra amorfa un símbolo apotropaico que se repite en moitos tellados das casas da montaña galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario