venres, 3 de xullo de 2015

Xullo e a canícula



    
        Xullo é o primeiro mes que tivo e ten o nome dun ser humano, dunha persoa de carne e óso, pois que antes de que Marco Antonio, no 44 a. C., propuxera pórlle o nome de Xulio César, só se nomeaba polo ordinal.
Xullo é un mes de fortes calores, diso que se chama a canícula do verán, dado que nesta época desaparece do ceo nocturno a estrela Siro, que vén sendo o ollo da constelación do Can, e deuse en dicir que, xa que esta estrela pasa a ocupar o ceo durante o día (aínda que non se poida ver por mor da luz solar), acompaña ó sol e daí que aumente a calor.
Este tamén é un mes moi relacionado coa auga, e sobre todo coa auga que cura as afeccións da pel, por iso non faltan neste mes santos e santuarios coa súa fonte milagreira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario