mércores, 1 de xullo de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




  
          A publisidade do outro dia lévame aghora a publisista, palabra que cambiou de significado. Hoxe refírese presisamente á publisidade, o individuo que con ela traballa, tamén chamado publisitario. Antano, publisista era un ghicho que escribía sobre variados temas, un a xeito de xornalista que publisitaba ou daba publisidade a temática variada, maiormente cun afán de a divulghar, valla a redundansia. Eu mesmo, na miña vidiña ou vidorra anterior, que non deixo de añorar, cando era alghén, fasía ghala de publisista.
            Outras palabras cambiaron tamén, se cadra me referindo máis ben ao idioma castellano corrente... Cada día o xornal che aporta vocablos dos arghós profisionais ou ofisieiros que te deixan  a velas vir. Aí tedes o de excarselar, que che dá idea de que ao manghante de turno o liberaron por ter cumprida a sua pena... ou ter un superavoghado, que tamén... Pois non: calquera cristián que vaia en coche e fique preso da ferraxe cando un asidente... a ese pobre home (ou muller) veñen e excarsélano!
            Este dia lia dos cruseiros (e non é a primeira ves que xogho coa palabriña tal), pero dos cruseiros militares, pois é outra caste (eu diría que oposta á habitual nos nosos días) de cruseiro. Ben, neste caso non é que propiamente cambiase, é que se hai palabra que ten varias asepsións, esta é unha: ou non están os cruseiros das prantas ou planos das igrexas? É que, afortunadamente, na actualidade se fala máis dos cruseiros de osio que dos cruseiros de gherra.
      
      E xa que pasamos por Betansos, aproveito para tomar o tranvía... Non vos é por aforrar, é que o tranvía, xa sabedes, ten algho, como o mesmo tren, que coinside coa miña visión das mañás, si, ese tramo co que comesa o día. Tranvías e mañás teñen o seu aquel ghorenteiro ou ghorentoso (que son sinónimos, non como cheirento e cheiroso, que son opostos), hai que ver!
Polas mañás no campo amañese (que non é pouco) con todas as letras, e na sidade se amañese non o vemos, pero, iso si, o ar está máis limpo, como cando chove, para disilo claro. A lus é diferente, é máis acariñante, máis boíña... sobre todo cando un non ten obrigha e déixase ir, sen presas, por esas contornas como excursionando por unha vila outra. As tardes sonvos máis retranqueiras, ou serei eu?
            Pero non quero porme nostalxioso. O que realmente me deixa pampo é esa febre ghregharia, máis acusada, se cadra, na xente nova (aviso: eu chámolle nova dos sincuenta para baixo): a min paréseme de parvos amorearse por ver un cantante, ou por faser festa popular, con eses visos de selvaxe que chegha a ter en ocasións.
           A verdade, as únicas consentrasións que xustifico, e mesmo apoio, e partisipo nelas cada tanto, son as que nasen e se forman para tentar presionar ao poder inxusto, para reivindicar algho, como está acontesendo acotío neste mundo traidor... As outras, lexítimas pero non compartidas polo coiote solitario, tantas veses derivan en espectáculos lamentables, como esas areas emporcalladas polas xentes sanxoaneiras, ou esas multitudes embadurnadas en tomate, ou en viño...
            Deixémolo aí, porque ainda me ides tachar de aughafestas: si, non o negho, festeiro, festeiro, o que se di festeiro (para que me entendades) nunca moito vos fun... e así me foi, sen por iso deixar de bailar polo pan, como disque fai co rabo o can.

Ningún comentario:

Publicar un comentario