martes, 21 de xullo de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




  
        Os animais disecados (e tamén desecados)... cousa máis macabra, que só ten paranghón cos trofeos de casa (casa de casar animais, quero disir): outra animalada! Esas cornamentas de servos (servos de catro patas, digho), arredemo!, que teñen alghúns nos salóns (a maiores dos posibles adornos virtuais das suas propias testas) ou aquelas cabesas de touros: desididamente trátase de xentiña con aberrasións mentais, se cadra máis preocupantes que as consideradas aberrasións sesuais (do seso de abaixo, non do seso de arriba, sigho disindo).
Son as mesmas mentiñas que achan ou atopan estético e erghedor do seu egho depredador aqueles trofeos e estes colmillos ou defensas dos elefantes ou aqueloutros unicornos afrodisíacos (non afroasiáticos que disía un meu primo) dos rinoserontes... Si, xa sei que o marfín é cousa fina (tamén o oso alternativo  ou susedáneo é para apresiar), de xeito parello como as peles dos bechos, que non somente serven para escorrentar o frio: claro, compriría distinghir entre o utilitario e o simplemente ornamental (ou cornamental, seghindo co tema)...

...Como acontese cos sapatos feminiles de formas exóticas, pretensamente eleghantes, eses tacóns-alfinete, por exemplo, que non fan senon perxudicar de por vida os esqueletes dos pibóns... cousa máis parva que a muller cabesaueca que tal adoita calsar, non é doado de encontrar.
Pero para que vexades que non só coas mulleres me meto... aí tedes aos xerarcas políticos (maismente homes, inda que...) que nas roldas de prensa no estranxeiro ou mesmo nas que conseden na casa cando os visitan alghúns seus pares estranxeiros... responden a perghuntas sobre temas domésticos: despropósito maior non cabe; e se non, ollade as carasdepóquer que poñen eses pares, mentres os interpelados desbarran do que non ven a conto, contradisindo aquilo de os panos suxos mellor lavalos de portas para dentro, mesmo caendo na descortesía cara ao invitado de turno.
     E en falando do seso de abaixo ou partes (para abreviar), aí está o xentilisio feminino berghantiñana, que houbo quen o trocou (con perdón) en vergha antillana... vallamedéus, que xa é ter a mente sempre no mesmo lughar. Similar ao que me pasou aí atrás: tanto que eu ghustaba do nome Corina... ata que unha amigha me dixo: Qu'orina? E xa perdeu o tal nome o seu tal suposto encanto ou enghado enghaiolador!
E seghindo cos baixos... Por iso, habería que penalisar os baixos baleiros dos edifisios... como sei que fan cos terreos rurais incultivados, pois ambos van en contra da rasón colectiva, mesmo da economía ghobal... baixos pechados anos e anos, que ata para refuxios humanos servirían, e dá pena. Como pena maior (non Penamaior a de Beserreá) provocan os pisos baleiros (altos ou baixos) cando tanta nesesidade de vivenda vos hai.
E logho está o que di Mahfouz o exípsio (talmente como aquel Sinhué): que non é raro confundir o persoal as consoantes árabes kaf e qaf, dando como resultado confundir can (kalb) con corasón (qalb): será tan ghrave a confusión? Pois pola miña banda, a alghún can que eu me sei ghanas dan de chamarlle corasón, tan querible como el é.

Ningún comentario:

Publicar un comentario