Por Pura Tejelo
A rapaza de bañador laranxa
Camiñaba con xestos magníficos
Corpo libre.
Ante si, toda a imaxinación e os
proxectos posibles.
Xa pasara o de Tiananmen
E todo tiña o mesmo valor.
Diante dela
O mapa solemne do mar
Era
unha breve cicatriz na area rosa
dos seus pés.
Aquel verán todas as mozas levaban
bañador laranxa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario