Non sempre é
grato o rechouchío dos paxariños. Certamente, cando estás sentado
ó fresco cunha cunca de Barrantes acabado de sacar do barril, esa
música paxaril á caída da tarde é marabillosa, pero cando as
viñas están madurando o froito os paxariños xa non son tan gratos
e hai que prever que fagan a súa festa a conta dos acios.
Aquí está un
sistema mecánico para espantalos, unha especie de traca que funciona
por enerxía eólica, feita co material máis perecedoiro e doado de
atopar e traballar, con simples canas modeladas
a punta de navalla.
Ó darlle o vento e moverse as aspas,
un golpeteo rítmico séntese en toda a redonda, ese traca-traca
característico que lle fai crer ós inocentes paxariños que un
monstro descoñecido anda por aí con voces tan extrañas que os
arreda a lugares onde o son do medo non se escoite, en resumidas, que
os espanta.
Unha bos trécola !.
ResponderEliminar