Non é unha gaiola
calquera, é a gaiola da fartura.
Nela non se encerra un paxaro
cantareiro nin un paspallás que sirva de reclamo para os cazadores.
Esta gaiola está destinada a protexer e coidar das galiñas chocas.
Atopámola hai anos na aldea boirense
de Cures, onde a mesma persoa que a fixo, que teceu as corres con
arte de cesteiro, falounos dela como a gaiola da fartura, porque do
que alí dentro pasa vén a remuda de polos e ovos, parte fundamental
da economía familiar. Tal é así, que ata ten unha asa para poder
levala canda o paisano alí a onde el vaia, co fin de non perdela a
vista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario