Por Pura Tejelo
A cidade botada nas
ondas
navegaba cara a fóra,
arremuiñándose no manto xélido matinal
e regresaba coas
primeiras olleiras da mañá
enchida do mundo húmido do mar.
A lúa sostiña un facho acceso do que descían os navegantes
de auga e sono.
Era unha balsa que ía e
viña,
era un buque negro de
potente bucina
que berraba rouco polas
noites abríndose paso,
que vai de aquí para acolá como unha alga
abeirando os guindastres do Muro.
Alma portuaria de
desastres
e fértiles mercancías!
Ben sei que durmían as xentes no Recheo da
Alameda
para embarcar de mañá para rutas de nome
impronunciable.
Este poema, coméntame o poeta Xosé Devesa que coincide no espíritu cun destacado libro seu, NAO ENFEITIZADA. En efecto os dous manteñen unha especie de tensión dialogada coa cidade descrita, salvando a distancia que o libro del é o -79. Porén moi anterior a este meu. Apertas vello amigo.
ResponderEliminar