Onte faleceu un escritor ao que
admiraba. Esta adicatoria no libro "Adelaida é tremenda" ten vinte e
catro anos, mais lembro perfectamente a ilusión que me fixo, e lembro a Xabier
reflexionando sobre como a televisión viñera roubar espazo a unha literatura
oral na liña dos relatos do libro no que estaba traballando, probabelmente
"Cando petan na porta pola noite". Venme á memoria a frase "Con
mando a distancia", tal vez como título a barallar... quen sabe. Non creo
que el lembrase as conversas dese día nin a esa nena que resultaba chamarse
como un personaxe seu, mais na tristeza da súa perda, coido que é fermoso ter
chegado a escoitalo. Adelaida Vidal
Ningún comentario:
Publicar un comentario