Neste mes das invocacións mariñas, habemos de empezar por lembrar ós xemelgos Cástor e Pólux, aínda que só sexa por unha cuestión cronolóxica, xa que tamén eles eran protectores dos mariños, quen os invocaban cando algunha tempestade os ameazaba; pois estes dous irmáns, que se enrolaran con Xasón na procura do Vélaro de ouro, estando en certa ocasión a nave a punto de sucumbir baixo as ondas, os demais tripulantes viron como sobre as súas cabezas aparecían unhas luces, unhas fosforescencias que axiña entenderon como os lumes dos xemelgos, ou os lumes de Cástor e Pólux, indicativos de que habían de saír con ben de tal perigo, o que nos lembra ós lumes de san Telmo.
A devoción nestas divindades tamén a tiñan os moribundos, convencidos de que eles serán quen os guíen polos vieiros de ultratumba.
E tal era a fe que os romanos chegaron a ter neles, que cando na batalla de Regilo, no 496 a.C. foron invocados, apareceron montando en cadanseu cabalo, un branco e outro negro, para lle axudar ós seus devotos a gañar, e polo que cada 15 de xullo, os romanos celebrábanlle unha festa con desfile de cabalos incluída, desde o templo de Marte ata o deles.
Como veremos, deles herdamos moitos ritos, crenzas e advocacións.
Como veremos, deles herdamos moitos ritos, crenzas e advocacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario