luns, 1 de xullo de 2013

Muíño de maré

  
            Un muíño de auga, en xeral, funciona pola forza exercida pola auga sobre un rodicio formado por pás ou penlas dispostas en forma de hélice, o cal move á vez a pedra da moa que vai sobre o pé. Son coñecidos os muíños de río, por abundantes ó longo da nosa xeografía, coas súas pequenas variantes segundo a zona, e tamén segundo o tipo de río, pero tal vez menos coñecidos son os muíños de maré, que, como é lóxico só poden estar na ribeira do mar, e dos que aínda quedan varios que se conservan ó largo das nosas costas, tal este de preto de Ortigueira.
            O seu funcionamento é semellante ó de río, pero neste caso, a auga para encher a presa aprovéitase coa suba da marea, e unha vez chea, péchanse as comportas de acceso deixando só aberta a saída por onde está o rodicio.
             É de destacar neste tipo de construcción o enorme muro da presa, necesario para conter toda a masa de auga que dará a forza motriz do enxeño.
            É evidente que este tipo de muíños só moe cando hai marea baixa.

1 comentario: