Cando un día reprendeu a súa irmá, a Magdalena, que se metía entre os homes a falar e non lle botaba unha man para acabar antes, Xesús aínda a defendeu, amoestou á ama da casa.
Marta era pois, coma tantas amas de casa, unha muller que, por mor do deber sacrificaba o pracer de escoitar as historias do mestre, por iso me gusta esta imaxe que se conserva no mosteiro de Soandres, na Laracha, co seu bolsiño de ir ó mercado e esa expresión de resignación que se nos fai tan familiar.
Pero tamén, por esa atención que a pesar de todo poñía nas conversas que se levaban a cabo no salón ó que non tiña acceso, tamén é invocada para favorecer o bo oído e curar os males do mesmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario