A competencia entre santuarios
Lembrade aquilo de:
Se vas ó san Benitiño
non vaias ó de Paredes
que é moito máis milagreiro
o san Benitiño do Lérez.
Ou sexa, que cos santuarios é coma cos hospitais, que os hai bos, malos e para ir entrampando. Pero como queira que sexa, aló iremos, co ánimo sempre disposto, como di a cantiga:
San Benitiño da beira do monte,
ei de ir aló se non morro esta noite,
ei de levar unha bota de viño
pra emborracharme no san Benitiño
Ningún comentario:
Publicar un comentario