O Curmán de Undochán
Tito Cabano Bello
fixo famoso
o seu tango Un boliche
|
Esta volta
recuncaremos no tema da Crónica 8, lembrando ao amigo Manuel Suárez Suárez, que
publicou (2000) A emigración galega no tango: nomes como os clásicos Soliño,
Collazo ou Fontaina, polo que toca ao tango uruguaio, xa os trouxemos aquí
(Crónica 11). Pero hai moitos máis: bem sexa de compositores, letristas ou
intérpretes: Cabano e Maquieira, antano, ou Canoura (moito máis que tangueira)
hoxe, galegos fillos ou netos, son apenas unha mostra.
En falando
de letristas, se algo hai que sinalar é a responsabilidade que os autores de
moitas letras da “guardia vieja”, no primeiro tercio do século pasado (o tango
ten máis de un século e segue “vivito e coleando”) levan na idea mundial e
vulgar deste xénero como “o canto do cornudo” e a posterior calificación,
igualmente desafortunada, como “a apoloxía do macho”, como muestrario do máis
rancio machismo. Machismo que, por outra parte, non é exclusivo de tal xénero
nen deste mundo, desque temos exemplos preclaros na nosa cantiga popular, logo
recreada decimonónicamente por Rosalía –“… dádeme un home/ anque me mate, anque
me esfole…”, que se diría antecedente daquel “C’est mon homme” popularizado, no
XX, pola afroamericana afrancesada Joséphine Baker (1900-1975).
Habería
que facer un estudo –que, se cadra, xa se fixo- sobre a porcentaxe desta
temática no cómputo total dos textos tangueiros. E tamén deternos no feito,
insólito, de que o tango comezou como danza, para despóis, sen deixar de ser
danza, se convertir no tango-canción… -daí procede todo- ata o punto de ter
dado, xunto a aqueles, textos perennes, tal El
día que me quieras –que o amigo Javier García Pena fai fillo de igual verso
de Nervo-, ou Volver como os máis
famosos mundialmente, produto do xenio
poético-sentimental de Alfredo Lepera (1900-1935) -que musicalmente non
consideramos tangos puros- e que, nas décadas de 940, 50 e 60 tivo
representantes tan rescatábeis como os dous Contursi ou Homero Manzi, por
darmos apenas tres nomes entre moitos, arxentinos a maior parte deles.
Con
Contursi (fillo, 1911-1972), José María, vennos a lembranza dunha cuestión
pouco sabida polas Europas: Sombras nada
más!, que por aí adiante se popularizou como bolero, é un belo tango de
Lomuto, con letra daquel (1943). Mesmo é de destacarmos como Joan Manuel Serrat
tomou, aparentemente, da milonga La
milonga y yo, de Ribero y Díaz Vélez, aqueles versos da sua Fiesta, apenas alterados: “Vamos subiendo
la cuesta/ que arriba mi calle [la noche]/ se viste de fiesta”: que nós
saibamos, a ninguén se lle ocorréu chamar plaxiario ao admirado cantante
catalán…
O
tango Sombras, nada más!
é
moito máis coñecido como bolero
|
Claro é
que, mercé á letra, o tango é excepcional muestrario do español rioplatense,
con duas patas fundamentáis no lunfardo e o vesre.
Xa teño me referido a esta última e simpática xerga a xogar coas palabras:
lorca, gotán, trompa, sope, feca, lope, cotur, grone, rioba, tovén (calor,
tango, patrón, peso, café, pelo, turco, negro, barrio, vento –dinero:
lunfardo-vesre coincidindo), ou bolonqui, zabeca, yoyega, yorugua, chochamus
(quilombo, cabeza, gayego, uruguayo,
muchachos)… etc., etc.
Dato
extemporáneo: O D9 é o grupo de países líderes en goberno dixital a nivel
mundial: Corea do Sul, Estonia, Israel, Nova Zelanda, Reino Unido, Canadá,
México, Portugal e Uruguai, que actualmente preside o clube.
Ningún comentario:
Publicar un comentario