domingo, 22 de decembro de 2019

Un costume do Nadal en Chequia




    Recibo da amiga e etnnólaga checa, Veronika Měrková, unha serie de fotos e noticias sobre o tempo que o cristianismo chama de advento, esas semanas previas ó Nadal, e sobre o Nadal mesmo, das que hoxe presentamos esta mesa de noite boa, onde se amosa por debaixo a palla que nos lembra a pobreza de Xesús e sobre ela aquelas cousas que desexamos que non nos falten ó largo do ano, distintos manxares entre os que non falta o leite de cabuxa. Tamén se poñía unha machada para invocar a forza. É unha curiosidade propia do seu país: a Árbore de Nadal colgada do teito e posta do revés, nunha rexión onde o cristianismo se impuxo, seguramente, con máis intransixencia, e para non evitar radicalmente o costume precristiá da árbore da vida como fonte de fartura e benestar, permitiron que seguise colocándose pero de forma oposta a como nace na natureza e a como na maioría dos países temos por costume colocar.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario