Baséase
na mesma lei da panca, aquela coa que Arquímedes podería erguer o mundo se lle desen
un punto de apoio.
Esta
balanza, que aínda se ve nalgunhas feiras, ten o punto de apoio situado sobre
un lado, e nel está o fel, mentres que no brazo máis largo, sobre o que hai
marcada unha escala, hai unha pesa que se desliza sobre el, de maneira que
cando poñemos algo que queremos pesar nun dos ganchos do brazo máis corto,
mentres penduramos o sistema polo gacho que queda na parte superior, o peso vira
dado pola posición que sobre a escala marca o pilón cando o fel está na posición
vertical, cumpríndose así a igualdade ou regra de proporción das pancas, en que
o peso do pilón multiplicado pola lonxitude do brazo largo que vai do pilón ata
o punto de apoio, será igual ó peso que queríamos pesar multiplicado pola
lonxitude do brazo curto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario