venres, 27 de xuño de 2014

Versos ó xeito popular (VIII)




Por Andrés Terra


Ia eu borrar no carballo
O meu nome e mai-lo teu:
Díxome o cuco do alto:
“Tamén o novo é Xosé”.
            Disme que xa non te lembras
            Do bico que che dei onte:
            Nin sai o sol polo sul
            Nin se deita polo norte.
Se non te collo comendo
Atópote a troulear:
Que lle conten aos teus osos
Que non traballas, rapaz.
Regueiriño que non paras
            De cantar nesa revolta:
            Quén che me dera regueiro:
            Auga que pasa e non morre.
(1972)

Ningún comentario:

Publicar un comentario