luns, 23 de xuño de 2014

ANUNCIOS BREVES




Por Pepe de Rocaforte
         

  Non sei se coñecen vostedes a historia do grupo escultórico “Os mariñeiros”, ou “Tirando da rede”, obra de Ramón Con­de, situado ó inicio da Gran Vía de Vigo. Ese grupo, cheo de forza, que a min me suxire, entre outras, as ideas de esforzo e de traballo en común, estaba pen­sado en prin­cipio para ser ubicado na fonte da coruñesa praza da Palloza cando foi reformada con motivo da cons­trucción dun apar­cadoiro subterráneo no seu subsolo. A última hora xurdiu un desacordo por parte do goberno municipal de Paco Vázquez, ó parecer por considerar excesivo o seu prezo, e a obra marchou para Vigo.
            Por aquel tempo aínda non eran moi do dominio público as relacións “comerciais” entre empresarios e políticos, pero cheirábanse e así o dá a entender este pequeno texto aparecido nas páxinas de “Anuncios por palabras” dun xornal galego, que no seu día recortei pola súa curiosidade.

            Tampouco deixa de ter o seu punto curioso ese outro recorte, unha chamada de amor desesperada, ¿ou tal vez unha mensaxe en clave?
  ¿E que dicir desa “nota de sociedad” aparecida no "ABC", con toda a pinta dunha vinganza por parte dun pretendente despeitado?
Aí as deixo todas á consideración do desocupado lector

Ningún comentario:

Publicar un comentario