A
historia destes cruceiros, de fuste baixo e gordo, de capela, onde se
representa á Virxe co Neno, unha Virxe de esperanza, chamados tamén da casa da
Virxe, conta cunha lenda de cando os musulmáns chegaron a Belén e uns anxos,
para protexer a divina casa, erguérona para levala a un lugar de Italia, preto
da cidade de Fiume, onde fose debidamente respectada, e onde axiña se converteu
en lugar de culto. Pero aconteceu que xunto cos devotos que a visitaban, acudían
tamén a ese lugar os piratas cobizosos das ofrendas que os romeiros lle
deixaban, co que, de novo os anxos, ergueron a casa e levárona a un lugar máis
protexido, no lugar de Loreto e no ano 1587, o papa Sixto V fundou a orde de
Nosa Señora de Loreto, contra os bandidos e a piratería.
¿Quen
trouxo esta advocación a Galicia?. Seguramente algún mariñeiro que buscaba a
protección contra aqueles que asolaban a porta de entrada a Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario