domingo, 1 de xuño de 2014

Xuno



    
        A esposa de Xúpiter, filla de Rea e Saturno, e nai de Marte, está asociada á deusa grega Hera, e como ela considerada a raíña do ceo e da luz, pero tamén da lexitimidade dos matrimonios. A ela era quen lle estaba dedicado este mes, quen baixo a advocación de Xuno Lucina era invocada no momento de parir, e así, a expresión dar a luz, vén precisamente desta advocación.
            As mulleres que acudían ó seu templo habían de levar o cabelo solto e sen nós, porque os nós impiden o bo parto e así conservamos en Galicia esa idea de que a muller que durante o embarazo fai nós ó coser provocará que o crío naza co cordón umbilical enroscado no pescozo, ou se os finados levan para a sepultura os cordóns dos zapatos ou a garabata con nós, non atoparán o camiño do Outro Mundo, como xa contamos neste caderno ó falar de “O nacemento de Hércules

Ningún comentario:

Publicar un comentario