Sexa
como sexa, hoxe traemos ó patrón desta parroquia arteixá, porque, aínda que o templo é
unha igrexa de feituras novas, pola parte da ábsida aparece esta inscrición que
nos lembra ó xefe de todos os deuses, como san Pedro o era de todos os apóstolos,
e como aquel, que se distinguía por facer uso do raio contra quen non seguía as
súas normas, este tamén era invocado en moitas parroquias de Galicia para
protexernos dos raios. ¿Era daquela o solar onde agora hai un templo cristián
un lugar de culto romano?.
Unha
inscrición que está así na igrexa, dada a volta, ¿como proba de que era unha
pedra dun templo antigo reaproveitada para o novo?; tal vez unha proba máis de
que os piares da nova relixión están nas precedentes. ¿Ou unha inscipción que nos lembra a fabricación do novo templo? Máis en isto.
Non está
demais lembrar outros artigos deste caderno relacionados con esta advocación,
tales a lenda do galo de Barrañán e a lenda da galiña de Lañas, dentro do artigo titulado Aves de luz e esperanza
Ningún comentario:
Publicar un comentario