domingo, 22 de xuño de 2014

Amarradoiros


   
           
Nos vellos portos das nosas rías, consérvanse estes amarradoiros que aínda están en uso, esburacados en vertical e horizontal para dar bo xeito a quen os usa, amarradoiros de dornas e gamelas que antecederon ós norais e argolas que tanto abundan nos peiraos. Amarradoiros dun estilo que tamén aparece nalgúns lugares castrexos, como proba de que o que ben vale ben perdura.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario