sábado, 7 de xaneiro de 2017

.-.

 

2 comentarios:

  1. Lingua Proletaria, tallada como un diamante. As columnas que escribe cada semana no xornal Francisco A. Vidal con este título e que logo recolle na etiqueta desta blog, baixo o mesmo epígrafe, son iso o que nos parecen: unha xoia.Vistas agora en conxunto, forman un único texto, un tapiz de variados fíos, tecido pola man delicada dun orfebre da palabra. Sen perder cada historia o seu carácter singular, unha lectura atenta e completa permítenos descubrir o seu sentido unitario. Unha unidade que vén dada por unha prosa áxil como un regato ledo que as traspasa. Por un sutil humor, ás veces por unha máis aceda ollada. Mais sempre con naturalidade, con graza e tenrura, na mellor tradición do humorismo da nosa terra. Un sentido de unidade que acentúa o feito de apareceren, hoxe sí para logo calar e de novo reaparecer máis aló, uns personaxes moi ben debuxados: a beata Tía María, o argallante Virulillas e o inconforme amigo Xulio, decote buscándolle as voltas a todo o establecido, só polo feito de non dar as cousas por certas ou sabidas. Ou só por amolar, con razón ou sen ela. Son personaxes cos que se vai encariñando o lector, homes e mulleres que calquera pode recoñecer entre a veciñanza ou entre compañeiros de partida e tertulia.
    Esta cercanía, o seu ton conversacional, o humorismo, esa mestura de acedume liviá e de tenrura, a presenza dunha cotidianidade que nunca afoga o relato nun presente fuxidío e se fai atemporal, a naturalidade da prosa e a coidada lingua, lonxe de toda afectación, fan que para moitos lectores estas colaboracións de Francisco A. Vidal supoñan un momento de acougo, de lecer intelixente. Déixannos un sorriso na face ou unha idea a remoer no maxín. Como unha viñeta de X. Marín ou un conto de Castelao. Como quen no quere a cousa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas. Tras este comentario xurdido dunha atenta lectura só poido agradecer tan amables palabras. Grazas. Moitas grazas.

      Eliminar