Se por falta de
materia prima fose, o normal sería que esta a partisen para facer parte da parede
e escollesen para as xambas da porta outra de louza que non rompese tan
claramente a estética, ou que escollesen outra dese outro gran máis escuro que vemos. Pero non. Xusto na porta, onde outros colocan a imaxe
relixiosa pedindo “Que Deus bendiga esta casa” onde os romanos poñían un
amuleto para invocar a fortuna e arredar o mal de ollo, o dono desta casa do
vello Portomarín, que hoxe en día permanece asolagada durante a maior parte do
ano, colocou unha pedra branca, seguramente para propiciar a fortuna, como xa temos observado en outros lugares.

Está esta pedra pero
tamén hai outras formando parte da cimentación como as que temos observado en
algún castro, tal o de Viladonga ou formando parte dos muros de outras casas do
noso país.
E coma sempre, estes artigos están abertos ó debate.
E coma sempre, estes artigos están abertos ó debate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario