domingo, 15 de xaneiro de 2017

Pesqueiras de Portomarín




       Volvemos por Portomarín, atraídos pola invitación do amigo Carlos a tomar as famosas anguías, e facémolo nestes días de seca permanente, aproveitando para dar un paseo por entre as vellas casas que permanecen asolagadas durante o resto do ano, o antigo pobo asolagado cando Belesar está a tope.

       Desta vez, o paseo fixémolo cruzando a antiga ponte, que non adiviño a saber se é romana ou románica, e podemos volver ás pesqueiras ou caneiros de que xa temos falado neste caderno, pero véndoos un pouco máis de cerca, máis en detalle, onde se aprecian mellor as chantas de xisto que forman as pólas do funil en que rematan preto da pía, onde se poñen as redes ou nasas para coller o peixe.
        A pía ten forma triangular, e como unha illa no medio dese funil que dixemos, para mellor cortar a corrente de auga, e sobre ela, acostuma a haber un caseto ou palleira que serve de refuxio para o pescador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario