venres, 11 de decembro de 2020

A Ulisíada en formato eBook

 


   

A Ulisíada non é a Odisea. Aquí non hai deuses malvados, entendendo por tales a aqueles do Olimpo que parecían divertirse á conta dos humanos, xogando con eles coma quen xoga ó xadrez.

A Odisea ocorreu no Mediterráneo, pero esta Ulisíada ocorre no Atlántico. A Odisea aconteceu hai máis de tres mil anos, e esta ocorreu, ou está sucendo, nos nosos días. Naquela había heroes, e nesta tamén, se por heroe entendemos a aquel que se enfrontan ás vicisitudes da vida coas armas do seu entendemento, pero tamén cos medos e prexuízos que o condicionan, e coa fatalidade.

Esta é a historia que Far O’McKwoo nos ofreceu durante o 2020 en capítulos semanais e agora está a disposición dos lectores para poder descargar e ler, gratuitamente, ben en formato PDF ou en para eBook dentro da sección Libros na Artesa.

 
  Ulisíada, de Far O'McKwoo            EPUB,   MOBI,   PDF

Coma sempre, agradecemos que nos fagades chegar calquera problema que teñades para descargalo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario