mércores, 18 de setembro de 2013

Casas multicolor en Foz



         Tamén en Foz, na Mariña luguesa, atopamos estas casas multicor, onde, cando os ocos non se deixan coa pedra de cantería á vista cóbrese con outra cor que destaque sobre os panos. Son cores vivas, chamativas, que procuran destacar, diferenciarse do resto. Cada casa coa súa propia identidade. Hai quen di que tratan de pintar as casas como se fosen as embarcacións. Tamén se di que usan a mesma pintura para a casa ca para o barco. Non é así, pero si é común á hora de pintar o mesmo gusto estético co barco ca coa casa, protexendo sempre, con eses panos de cor a pedra das paredes, exposta ás inclemencias do tempo. Un gusto estético que se repite na práctica totalidade da beiramar galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario