martes, 24 de setembro de 2013

A devoción agradecida


         O mes de setembro sempre foi un mes para agradecerlle ás divindades os bens concedidos. As Virxes dos Milagres ou dos Remedios, da Cabeza, a Barca de Muxía, a santa Eufemia de Arteixo, o Nazareno da Pobra, o san Campio e outros moitos que fan resoar as bombas de palenque en cada rincón da nosa xeografía, son festexos de recoñecemento e gratitude. Pero tamén de preparación para o vindeiro inverno, facendo fincapé naqueles problemas que teñen que ver coa mente.

         Espantar o diaño en forma de atados de pelo ou ofrecer os exvotos que lembran a cura outorgada, son manifestacións propias deste mes en que os días xa se acurtan, os cereais xa están recollidos ou en proceso de recolección, e as casas e os corpos deben prepararse para un tempo no que os males do frío van estar sempre presentes.
         Quizabes o Nazareno da Pobra leve en si esa expresión de corresponder e de satisfacción que se pide no devoto que se veu favorecido coa intervención do santo, ofrecéndolle o mesmo cadaleito que se portaría se el non atendese a petición de axuda contra unha grave enfermidade.
         Pero aínda temos aí o Migueliño.

         

Ningún comentario:

Publicar un comentario