Cantas
veces non se acercarían os veciños a este lugar, co peito latexando, ansiosos
de encontrar algunha resposta ás súas aflicións. A carta dun parente, o poema dun
namorado, a chamada dun amigo. O conforto dunha súplica. As cartas foron a unión das familias e dos
veciños nesta terra de ausentes.
Aí temos a esperanza
agardando. O viacrucis da emigración.
As caixas
do correo traen as noticias dos ausentes vivos, pero no imaxinario popular, a cruz
achéganos a presencia dos ausentes finados, e aí entre esas outras, semella tamén
unha caixa de pedidos e de respostas, a onde os crentes se achegan coa
esperanza de ver e sentir a satisfacción de ser atendidos pola intermediación
dos seus antepasados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario